2 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO.

Como todos os anos, Un Máis celebra o día mundial da concienciación do autismo cun
acto conmemorativo que terá lugar no pavillón do CEIP no 2
de Tui a partires das 17:00. Todos os nenos terán actividades,
xogos, inchables e estarán convidados á merenda. Desexamos
que nos acompañedes neste día tan especial.
Axúdanos a facelo visible.

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xa temos datas para tempo libre máis! Participen! Van ver como as vosas fillas e fillos o pasan moi ben!

O que pretendemos con este proxecto é realizar actividades de lecer nas fins de semana con nenos e adolescentes con Trastornos do Espectro Autista para crear un espazo de tempo libre cun doble obxectivo: que as familias, como coidadores principais poidan ter un respiro para relaxarse e dispór dese tempo que non teñen, e onde os nenos poidan desfrutar dun tempo de lecer con actividades estruturadas e adaptadas ás súas necesidades fomentando a inclusión en entornos naturais, o desenvolvemento de habilidades sociais, de autonomía e de interacción co ambiente e con outros compañeiros.

Para íso, durante o presente 2017, unha fin de semana ó mes levaremos a cabo saídas que poderán incluir unha tarde, unha fin de semana ou varios días de campamento, o que se especificará no calendario de actividades que adxuntamos a continuación.

Os participantes neste proxecto son nenos e adolescentes con Tea da comarca do Baixo Miño e do Val Miñor.

As actividades a realizar tratarán de aproveitar programacións culturais dos concellos ós que pertencen as familias, como contacontos, teatro, cine; utilizaremos espacios ó aire libre como parques, xardíns, onde se poderán realizar paseos e actividades de ocio, espacios públicos urbáns, Sede de la Asociación Un Máis, espacios naturais, praia, monte, etc

As persoas que levarán a cabo este proxecto son una Psicóloga e unha Técnica en Integración Social. Ademais contaremos con persoas voluntarias previamente formadas.

A continuación se especifica o calendario dos primeiros meses de actividades:

28 de Xaneiro 2017: actividades de tarde

25 de Febreiro 2017: actividades de tarde

25 de Marzo 2017: actividades de tarde

29 de Abril 2017: actividades de tarde

27-28 de Maio 2017: salida fin de semana

Unha semana antes de cada saída se lles enviará a programación das actividades.

As datas propostas poden estar suxeitas a algún cambio.
Rita Jiménez e Pilar Ramos (responsables do Proxecto)

tempo-libre-mais

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

DENTISTA MÁIS ESTRENA SESIONES EN LA CLÍNICA TUIDENT

El pasado día 30 de noviembre, después de dos meses de sesiones preparatorias en el gabinete de Anarela, nuestro grupo de chic@s fue por primera vez a la clínica Tuident. A la entrada fueron recibidos por la doctora Laura Méndez Diz y su equipo y pasaron a la sala de espera. Momentos después, de uno en uno y siempre acompañados por una terapeuta, entraron en la sala de tratamiento, todos se tumbaron en el sillón y algunos se dejaron examinar la boca y los dientes. La despedida se hizo con alegría y mucha ilusión.

El día 14 de diciembre se hizo una segunda visita a Tuident y fue posible hacerle la limpieza a los dientes a uno de nuestros chicos. Enhorabuena a tod@s los que están desarrrollando este proyecto.

Para los interesados en este servicio de Un Máis, dejamos las siguientes informaciones. Cada grupo tiene como máximo cuatro niños y serán atendidos por dos terapeutas, las sesiones son una por semana de 50 minutos. Se establece un período preparatorio de sesiones en gabinete, cuando se vea a los niños preparados, empiezan los desplazamientos a la clínica dental. El coste de cada sesión es de 10 euros para los socios de Un Máis y de 25 euros para los no socios.

Os dejamos algunas fotos….

This slideshow requires JavaScript.

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Xuntanza das familias de “Un Máis”

O día 26 de novembro, na Casa Cultural de Estás, decorreu unha xuntanza de familias da nosa asociación. Entre comes e bebes, as familias puideron convivir, coñecerse unhas ás outras e os nenos con e sen autismo brincaron durante a tarde. Puidemos falar con RITA JIMÉNEZ SANDE (psicóloga sanitaria e terapeuta familiar) e PIAR RAMOS PUIG (técnica en integración social e coordinadora de lecer e tempo libre), que nos presentaron de forma máis lúdica o proxecto “Tempo libre Máis”.

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Integración Sensorial

A asociación Un Máis ten un convenio de colaboración co despacho CERTIGO para o proxecto que este centro, en breve, porá á disposición dos seus usuarios. Os socios interesados neste servizo e que desexen ter un desconto do 20% nunha sesión semanal, póñase en contacto connosco a través do noso correo electrónico asociacion.unmais@gmail.com ou móbil.671 793 66. Inscripciones limitadas.portada-a5-a3contraportada-a5

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario

Un Máis organiza un día divertido en familia – 26 de novembro

xantar-de-lecer-un-mais

Imaxe | Posted on by | Deixar un comentario

TEMPO LIBRE MÁIS

Nas instalacións de VONTADE (Tomiño), RITA JIMÉNEZ SANDE (psicóloga sanitaria e terapeuta familiar) e PILAR RAMOS PUIG (técnica en integración social e coordinadora de lecer e tempo libre), presentáronnos o seu proxecto “Tempo libre Máis”. Esta presentación animouse coas ideas e necesidades que cada familia foi describindo

IMG_20161022_121728.jpgO  obxectivo é crear un tempo de lecer estructurado para os nenos e adolescentes con TEA que sexa integrador e facilite o convivio con outros nenos e adolescentes sen este diagnóstico. Tense como obxectivo que a partir de xaneiro se faga un sábado ao mes esta actividade e que no verán fágase un campamento de  catro días.IMG_20161022_131256.jpg
Para empezar, as familias presentes sugerieron unha reunión para o día 26 de novembro  na casa da cultura de Estás, onde se organizará unha comida e actividades para as persoas con TEA e os seus familiares. Desta forma, as familias coñecerán ás dúas profesionais no seu labor e poderán gozar dun día distinto e moi animado. Será un xeito de que os socios interactúen entre eles tamén e de que os seus fillos con TEA váianse coñecendo e facéndose amigos.

IMG_20161022_121736.jpg

IMG_20161022_121807.jpg

 

Publicado en Uncategorized | Deixar un comentario